Dende a Asociación de Autoescolas de Ourense organizouse unha visita dos alumnos FP DUAL do Ciclo Superior de Mobilidade Segura e Sustentable á Oficina do servizo de Mobilidade
de Ourense, Xunta de Galicia (“transportes”), para explicarnos o funcionamento da mesma.
Esta actividade tivo lugar o pasado luns, 20 de maio, as 10.00 horas, e o alumnado coñeceu o funcionamento do servizo, contando coa colaboración de Hipolito Casas Conde, xefe de servizo de Mobilidade de Ourense que explicou, coa colaboración de varios compañeiros, o traballo que realizan principalmente nas tres seccións; autorizacións, concesións e inspeccións, facendo especial fincapé nos cursos CAP.