FESTA AUTOESCUELAS 2026

O próximo venres 2 de outubro de 2026 celebraremos a nosa tradicional Festa Provincial de Autoescolas, que este ano terá lugar en Ourense capital.

Queremos que esta edición sexa unha xornada especial de encontro entre as autoescolas da provincia, combinando unha parte informativa coa nosa tradicional comida de confraternidade e cos recoñecementos que terán lugar durante a celebración.

📍 PROGRAMA PREVISTO

11:00 h – Praza Maior de Ourense

Exposición de vehículos das autoescolas.

11:30 h – Confederación Empresarial de Ourense (CEO)

Charla informativa sobre as modificacións en materia de protección aos usuarios vulnerables da vía, que entrarán en vigor o día anterior, 1 de outubro.

A charla correrá principalmente a cargo do Xefe Provincial de Tráfico de Ourense, podendo contar tamén coa participación dalgún outro profesional relacionado coa materia.

13:00 – 13:30 h – Restaurante El Coto de Ourense
Rúa Reza, 11 – Recepción e aperitivo.

14:00 h – Restaurante El Coto de Ourense

Comida da Festa Provincial de Autoescolas.

🥇 DESPOIS DA COMIDA – RECOÑECEMENTOS

Despois da comida terá lugar o apartado de recoñecementos da Festa Provincial de Autoescolas, no que queremos poñer en valor a persoas vinculadas ao noso sector e á Asociación.

Dentro destes recoñecementos, este ano teremos un detalle especial cos propietarios e propietarias de autoescolas da provincia que se xubilaron, como mostra de agradecemento pola súa traxectoria profesional, polos anos de dedicación e pola súa contribución ao sector da formación viaria en Ourense.

📅 Venres, 2 de outubro de 2026

📍 Ourense capital

Desde a Asociación levamos tempo traballando na organización desta edición e gustaríanos contar cunha ampla participación das autoescolas asociadas, facendo desta Festa unha verdadeira xornada de encontro, confraternidade e celebración do noso sector. Ademáis este ano contamos cunha charla de total actualidade así como a oportunidade de sacar unha foto cos nosos coches na praza maior de Ourense.